Finalizado o prazo de convocatoria
O próximo 31 de Maio coñeceranse os seleccionados
Grazas a todos os que participaron
Convocatoria de Showcases na Semana da Música en directo de
A Coruña
A semana da Música que se celebrará na Coruña do 13 ao 18 de xuño, ofrecerá un completo programa de actividades dirixidas ao público en xeral, aos profesionais e á escena emerxente local. Dentro desta semana celebrarase o XI Congreso Estatal de salas de música en directo ao que acudirán numerosos representantes de salas de concertos e profesionais de todo o estado español.
¿Queres actuar para profesionais do sector musical nunha das cinco salgas coruñesas asociadas a CLUBTURA?
Como non podería ser doutra maneira, durante esa semana as salas da Coruña acollerán concertos e showcases que mostrarán a vitalidade e a forza da música que se fai en Galicia.
Os directos realizaranse en diversas salas asociadas a CLUBTURA (Asociación Galega de salas de música ao vivo) da cidade da Coruña os días 14 e 15 de xuño aos que asistirán profesionais (xerentes e programadores) do Congreso Estatal de Salas que se celebra de forma paralela á Semana da Música en Directo.
¿A quen vai dirixido?
A todos os grupos novos galegos co obxectivo de impulsar e difundir a música dos grupos emerxentes nas 3 modalidades musicais seguintes:
Seleccionaranse 7 artistas de entre todas aquelas solicitudes recibidas que cumpran os requisitos exixidos nas bases da convocatoria