A semana da música

XI Congreso de Acces

ACCES, a Asociación de Salas Privadas de Música en Directo, que agrupa a máis de 120 salas en todo o estado, celebrará os vindeiros 14 e 15 de xuño o seu 11º congreso estatal, enmarcado dentro da Semana da Música, que celebrará a súa primeira edición na Coruña do 13 ao 18 de xuño.
Durante estas xornadas, coa asistencia de representantes de salas de todo o estado, discutirase sobre a actualidade da asociación e os retos a afrontar nun esceario económico complexo que segue agravado por un IVA ao 21%.
Coma é habitual, durante estas dúas xornadas, presentaranse as contas anuais e o orzamento para 2016 nos que estarán incluidos os proxectos en curso, entre os que comezan a ter unha importancia vital a colaboración con marcas comerciais de cara á sostenibilidade da asociación. Farase tamén un repaso sobre os avances realizados en cada asociación territorial y facendo fincapé sobre a participación destas asociacións na redacción da nova lei de espectáculos, as normativas sobre o ruido e a normativa que regula o acceso a menores ás salas de concertos.
Por outra parte, informarase aos socios sobre as actividades da asociación europea de salas e festivais Live DMA que se plantexa presentar un proxecto en Europa Creativa para o exercicio 2017.

Ven á Semana da Música