A semana da música

I Semana da Música en Directo

A carón do Día Internacional da música, 21 de xuño, Clubtura (Asociación de Salas de Música ao Vivo) e ACCES (Asociación Estatal de Salas de Música en Directo) organizarán en colaboración co Concello de A Coruña unhas xornadas e actividades musicais e culturais na cidade que salientarán a importancia da música en directo coa implicación de todos os actores que forman parte deste sector: Institucións, asociacións, patrocinadores, salas de concertos, músicos, promotores, programadores, técnicos e profesionais en xeral estarán chamados a debater sobre o estado actual da música en directo.

Palestras

Sesións didáctico-formativas impartidas por profesionais do sector da música ao vivo convidados para a ocasión e dirixidos a profesionais, membros da escea local emerxente e público en xeral interesado nas industrias culturais.

Showcases

Unha grande oportunidad para amosar a escea emerxente local a programadores de toda España durante a súa visita á cidade a causa do XI Congreso Estatal de Salas de Concertos.

Concertos

Durante esta semana as salas coruñesas pertencentes a Clubtura e ACCES: Baba Bâr, Garufa Clube, Jazz Filloa, Mardi Gras e Plaia Clube, programarán varios concertos nos seus espazos para que a Música alague toda a cidade.

Ciclo documental

Un obxectivo fundamental destes encontros é a divulgación da música e a cultura na cidade. A tal fin, e en colaboración co Festival Beefeater In-Edit  organizamos un ciclo de documentais musicais que se proxectarán durante a fin de semana.

XI Congreso de Acces

O XI Congreso anual da Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas Privadas de Música en Directo (ACCES) axuntará a mais de 50 programadores de salas de todo o estado que durante dúas xornadas debatirán sobre a realidade e a actualidade do sector.

Patrocinadores e Colaboradores

Foron varias as Institucións, empresas e marcas que se implicaron neste proxecto mostrando así a súa colaboración coas salas, coa música en directo e coa cultura. A todas e cada una de elas ¡grazas! porque sen o seu apoio non tivera sido posible.

Lugares dos eventos

Ven á Semana da Música